Video #AugaParaTodas

A auga é un dereito básico. O acceso a este servizo, a este ben, non debería estar en mans de empresas privadas, que especulan e que non garanten que persoas sen recursos vivan situacións terríbeis como a do corte desta subministración. Lonxe de velar polos dereitos de todas o goberno municipal é responsable de estarmos nesta situación. David Regades concelleiro responsable cala, mentres a concellería de Políticas Sociais de Isaura Abelairas exclue o pagamento de facturas de auga na recén saída convocatoria do cheque social.

Ante esta situación, hoxe estreamos un video elaborado polas compañeiras de Galiza Contrainfo no que falan afectadas polos cortes de auga en Vigo e na que escoitaremos tamén aos responsábeis da empresa Aqualia, que xestionan o servizo de abastecemento e saneamento na cidade.

Nesta peza escoitaremos outras voces, visualizaremos o que acontece na cidade de Vigo, onde os dinosetos saen gratis xa que os paga Aqualia do mesmo xeito que se encargou e se encarga de humanizar diferentes rúas da cidade. E mentres isto acontece non existe un protocolo para aquelas persoas que non poden facer cargos o pagamento das facturas.