Lembrando a Carliños Cid

Esta mañá recibimos a noticia da morte de Xosé Carlos Fernandez-Cid («Carliños» na nosa comunidade). Viviu os últimos anos en Costa Rica enfermo de Alzheimer e totalmente dependente. Carliños era vigués, Licenciado na carreira de Dereito. Entrou na Orde dos Dominicos e o seu primeiro destino foi Centroamérica onde os dominicos tiñamos distintos postos de misión. Pero foi chamado para fundar con outros dominicos unha misión en España no medio do mundo obreiro (era a época dos «curas obreiros»). Foi nun barrio periférico de Valladolid onde tivo ocasión de exercer a súa misión traballando como avogado laboralista. No momento da inauguración da Igrexa Parroquial atopábase xa incorporado á nosa comunidade do Cristo da Vitoria e tamén á HOAC de Vigo. Os seus impulsos misioneiros leváronlle de novo a Centroamérica onde exerceu o seu ministerio pastoral. Principalmente levouno a cabo en San Salvador (O Salvador) e Costa Rica.

Descansa en paz, Carliños, e desde o lugar onde se fan realidade todos os soños, acórdache de nós. Nós acordarémonos de tí na celebración que teremos o mercores dia 3 de febreiro ás 7,30 da tarde na nosa Parroquia.