Pepa Torres nas Charlas de Advento (11 e 12 de Decembro)

A teóloga Pepa Torres acompañaranos nas Charlas de Advento deste ano, os días 11 e 12 de decembro. Falaranos do tema de «A muller na Igrexa». Neste sentido, parécenos que unha triloxía de artigos recentemente publicados por Pepa Torres baixo o título “Violencia contra las mujeres y religiones” poden ser un bo preámbulo para achegarnos ao pensamento desta teóloga, que dende un fondo compromiso social, conxuga renovadoras perspectivas ecuménicas e feministas na súa lectura da nosa tradición cristiá e na análise da complexa e difícil realidade que estamos a sufrir.

Podedes ler eses artigos nos seguintes enlaces:

“Sueños, religiones y violencia contra las mujeres”.

“Violencia contra las mujeres y religiones (2)”.

“Violencia contras las mujeres y religiones (y 3)”.