CONCERTO CORAL DE SANTA CECILIA NA PARROQUIA

Cecilia de Roma foi unha nobre romana cristiá martirizada entre os anos 180 e 230. É a patroa da música, dos poetas, dos invidentes e dalgunhas cidades de Europa e América. Na súa honra o Centro Cultural Rueiro organizou un concerto musical a cargo da Coral Polifónica do Centro Cultural e Veciñal de Valladares. Foi o sábado 21 de Novembro, ás 8 da tarde, a continuación da misa parroquial.

Graciñas pola actuación

Escoita a canción de despedida, «Eres tú» aquí