800 anos da fundación d@s Dominic@s

A Orde de Predicadores (Dominic@s) foi fundada por Santo Domingo de Guzmán e aprobada polo papa Honorio III en 1216. O VIII centenario celébrase do 7 de novembro de 2015 ao 21 de xaneiro de 2017 e leva como lema ‘Enviados a predicar o evanxeo’.

A Orde dos Dominicos nace co encargo de predicar o evanxeo nuns momentos nos que «só predicaban os bispos e non sempre o facían». Desde os inicios, Santo Domingo e os primeiros dominicos entenderon que para a predicación «debían formarse nas mellores universidades» e atopar «a fonte da predicación na oración e o estudo».

L@s Dominic@s estamos formados por frades, monxas contemplativas e de vida activa e laicos. En total «uns cen mil membros».

En Galicia estivemos presentes entre o século XIII e o XIX en Santiago de Compostela (Santo Domingo de Bonaval, hoxe Museo do Pobo Galego, e Belvis), Lugo capital, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ourense, Ribadavia, Tui, Ferreira de Pantón, Ortigueira, Baiona e Pontevedra. Santo Domingo de Pontevedra (hoxe en ruínas) foi a Igrexa gótica máis importante de Galicia, con cinco ábsides.

Na actualidade @s dominic@s estamos presentes na Coruña e Vigo.As dominicas contenplativas están presentes en Viveiro, Santiago de Compostela e Baiona.

En Vigo, a raíz do ensanche da cidade, promovido pola expansion da súa industria, @s Dominic@s fixémosnos presentes na cidade tras asinar un contrato coa diocese de Tui-Vigo que nos concede unha parroquia no naciente Polígono de Coia . Establécese así en outubro do ano 1972 unha pequena comunidade dedicada integramente ás tarefas pastorais propias da parroquia á que se lle engade en 1975 outra comunidade de irmás dominicas tamén dedicadas á tarefa parroquial. No ano 1981 inaugurase o Complexo Parroquial diseñado polo arquitecto dominico Francisco Coello de Portugal («Curro») e trasladanse a él as actividades que ata ese momento levabanse a cabo no Instituto Coia-2 («Alexandre Bóveda»), amablemente cedido pola súa dirección.

Na actualidade aquí seguimos «enviados a predicar o evanxeo» pero agora xa somos moit@s @s dedicad@s a esta misión comezada por «un tal Xesús» e renovada en momentos difíciles da Igrexa por «un tal Domingo».