Asemblea de crentes galegos 2015

A Coordinadora de Crentes Galega convídanos a participar na vindeira Asemblea, que se celebrará o sábado 11 de abril en Santiago de Compostela baixo o lema Ética pública e participación cidadá. A relevancia do «factor cristián».

Achégase a continuación o texto íntegro da convocatoria:

 

Ola a tod@s:

Aínda que a maioría xa estades ao tanto, anunciámosvos que o sábado 11 de abril no Centro Sociocultural do Castiñeiriño «Agustín Bueno» (Santiago de Compostela) imos celebrar a Asemblea da Coordinadora de Crentes Galeg@s. Este ano o tema elixido é : Ética pública e participación cidadá. A relevancia do «factor cristián».

O horario para ese día será o seguinte:

10:00 – 10:30 : Acollida

10:30 – 11:00 : Introdución/Motivación: Daniel López Muñoz

11:00 – 11:45 : Mesa redonda

–    Alfonso Mascuñana da Marea Atlántica

–     María del Mar Revuelta do Cristo da Vitoria de Coia – Vigo

–    Benito Santos de Gañemos – Vigo

11:45 – 12:30 : Debate

12:30 – 13:00 : Descanso

13:00 – 14:00 : Traballo por grupos

14:00 – 15:00 : Xantar compartido (no antigo colexio Ramón Cabanillas)

15:00 – 16:00 : Café e/ou paseo

16:00 – 17:00 : Conclusións

17:00 – 18:00 : Celebración e despedida

 

Animámosvos a participar e a convidar a todas aquelas persoas que pensedes que lles pode interesar.

Un saúdo e Boa Pascua.

 

COORDINADORA DE CRENTES GALEG@

2 comentarios

  1. Vendo aos compoñentes da mesa redonda onde dous deles perteñecen a plataformas políticas, comprendo que eu, militante do BNG non me enterará dixo. Vexo que hai interes, con avisos persoais para participar en outras cousas, pero no son as mismas formas de aviso cando hai intereses partidistas. ¡Ollo co que sementa!

  2. Hey I am so grateful I found your website, I really found you by mistake, while I was browsing on Digg for something else, Nonetheless I am here now and would just like to say kudos for a incredible post and a all round exciting blog (I also love the theme/design), I don’t have time to go through it all at the moment but I have book-marked it and also added your RSS feeds, so when I have time I will be back to read much more, Please do keep up the awesome job.

Los comentarios están cerrados.