Mensaxe de solidariedade da Coordinadora de Crentes Galegas/os

Solidariedade coa veciñanza de Coia-Vigo

As comunidades e grupos cristiás de Galiza que formamos a Coordinadora de Crentes Galegas/os, queremos amosar dende a tenrura e o amor, a nosa cristiá solidariedade ás veciñas e veciños do castigado barrio de Coia, en Vigo; que está a loitar con cordura pero tamén con decisión e afán, como é tradición neles, para que imperando a xustiza, ir construíndo un barrio habitable e digno, cos equipamentos máis necesarios en canto á saúde, á educación, á cultura, á sá convivencia da veciñanza, etc, e non se dilapiden importantes remesas de diñeiro en colocar barcos nas rotondas que coidamos non é o seu lugar idóneo, senón probablemente sería un museo.

Queremos transmitirlle á veciñanza de Coia (sexan crentes ou non), que participan directa ou indirectamente nesa loita, por culpa de decisións municipais sen sentido, tomadas á lixeira e sen contar co asentimento dos veciños, que non podemos por menos que sentirnos de Coia, telos presentes e admirar a súa valentía e perseveranza. Estamos con vos, animo!

Coordinadora de Crentes Galegos

Anuncio Moroño Noia

11 comentarios

  1. My spouse and I stumbled over here coming from a different page and thought I may as well check things out. I like what I see so now i am following you. Look forward to looking over your web page repeatedly.

Los comentarios están cerrados.