Venres 12: Manifestación. Non ao barco na rotonda de Coia

Tras varios días de movilizacións,  a asemblea aberta de Coia convoca unha MANIFESTACIÓN  para o próximo venres, 12 de decembro, baixo o lema: NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!

Sairá desde a Praza de América ás 19:00 para chegar, logo de percorrer a avenida de Castelao, á rotonda de Coia onde remataremos cunha concentración e dando lectura ao manifesto.

O goberno municipal quere chantar o barco “Alfageme” na rotonda de Castelao. Os medios de comunicación falan dun orzamento de 300.000 euros, e parte da veciñanza do barrio decidimos paralizar as obras, xa que rexeitamos de cheo esta inmoralidade do goberno municipal. Mentres que non hai cartos para as necesidades da xente, e sen consultar con ninguén, queren meter un barco na rotonda de Alcampo, ou proxectan reformar o estadio de Balaidos con cifras desorbitadas.

Consideramos que unha rotonda non é o sitio apropiado para expoñer un ben cultural, sobre todo no caso dun barco, coa súa íntima relación co mar. Por outra banda, denunciamos este gasto insultante cando parte do barrio e da cidade está sufrindo con crueza as consecuencias da crise: desemprego, cortes de luz, despexos…

2 comentarios

  1. O xeito en que se está a desenvolver o asunto do Bernardo Alfageme sacou a luz moitas cousas. Resultou ser como un iceberg que agochaba temas que brevemente nomeo e que cada quen faga as sás reflexions.
    * Falta de diálogo co pobo. * Incumplemento de acordos plenarios. *Falta de solidaridade cos necesitados.*Falta de respeto o patrimonio municipal *A prorroga dos presupostos municipais para o ano 2015 que deixa máis destino monetario a obras que asuntos sociais. *Intereses de medios de comunicación que non corrobaran a información e atenden a sus conta de resultados.
    En fin, a miña idea imperante e o primitivismo dun macho alfa que leva a marcar territorio mexando por todo Vigo.

  2. O xeito en que se está a desenvolver o asunto do Bernardo Alfageme sacou a luz moitas cousas. Resultou ser como un iceberg que agochaba temas que brevemente nomeo e que cada quen faga as sás reflexions.
    * Falta de diálogo co pobo. * Incumplemento de acordos plenarios. *Falta de solidaridade cos necesitados. Falta de defensa ó patrimonio *A prorroga dos presupostos municipais para o ano 2015 que deixa máis destino monetario a obras que asuntos sociais. *Intereses de medios de comunicación que non corrobaran a información e atenden a sus conta de resultados.
    En fin, a miña idea imperante e o primitivismo dun macho alfa que leva a marcar territorio mexando por todo Vigo.

Los comentarios están cerrados.