Obradoiro «Achégate ao Sur» coa Universidade da campaña Impórtanos!

Está aberto o plazo de inscrición no obradoiro de formación para o desenvolvemento «Achégate ao Sur».

Dirixido a todas aquelas persoas que están interesadas en achegarse á análise das causas da pobreza; desexan ter un coñecemento máis amplo das relacións de desigualdade entre Norte e Sur; coñecer as propostas de cambio; potenciar o encontro intercultural; adquirir unha visión crítica da nosa realidade social e realizar prácticas solidarias.

O obradoiro ten unha duración de 15 horas (computables como créditos ECTS pola Universidade de Vigo) distribuídas en 5 sesións, todos os xoves do mes de outubro de 2014 (días 2, 9, 16, 23 e 30).

Impartirase na aula 203 da Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, rúa Torrecedeira nº 105.

A matrícula é gratuíta e podedes inscribirvos xa, na plataforma Bubela da Universidade de Vigo.

Impórtanos! é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Cultura, Festas e Políticas de Benestar.