Arquivado en | Novas

30/05 – Acto de rúa en Facenda para comezar coa recollida de sinaturas da ILP pola #RendaBásica

Publicado o 22/05/2014 por admin

Comezamos a recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica e o faremos montando unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo.

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos este acto de rúa diante de facenda (r/Lalín 2) o venres 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas, ofreceremos información sobre a RB e aproveitaremos para denunciar que mentres medra a pobreza, tamén o fai o número de ricos no Estado Español. 1625 persoas teñen un patrimonio superior aos 23 millóns de euros no estado, o que supón un 7% máis que no ano 2012.

Contra a exclusión, redistribución!

Renda Básica das Iguais, XA!

Be Sociable, Share!
twitterrssfacebook

Buscar

A nosa comunidade

Horarios misas

De luns a sábado: 19h30.


Domingos e festivos: 9h30, 11h30 (galego) e 12h30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Boletín


PARROTROCA

A nosa dirección de correo é: trocoalternativo@gmail.com. Para máis información, diríxete a este enlace

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago