26/04 – Asemblea da Coordinadora de Crentes Galegos

Baixo o lema: «Actitudes e accións de rebeldía dos nosos grupos e comunidades» o sábado 26 de abril vai celebrarse a asemblea da Coordinadora de Crentes Galegos en Santiago de Compostela.

Será a partires das 10h00 no centro sociocultural do Castiñeiro «Agustín Bueno» co seguinte programa:

10h00 – 10h30 > Acollida

10h30 – 11h00 > Introdución a cargo de Manolo Regal

11h30 – 12h45 > Traballo por grupos

12h45 – 13h00 > Descanso

13h00 – 14h00 > Posta en común

14h30 – 16h00 > Xantar compartido e paseo/café tertulia

16h00 – 18h00 > Avisos, celebración e despedida