Asina a folla de denuncia social para esixir a Concello e Xunta que temos dereito a vivir con dignidade

A nosa comunidade e a Oficina de Dereitos Sociais-Coia lanzamos a campaña: Vivir dignamente é un dereito! Asina a folla de denuncia social para esixir ao Concello e á Xunta que cumpran coa súa obriga de garantir este dereito.

Esta iniciativa que ten coma obxectivo denunciar o crecente empobrecemento que están a padecer un gran número de persoas no noso barrio e en toda a cidade, así como esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir que todas vivamos con dignidade sen que sexan vulnerados os nosos dereitos fundamentais.

O instrumento ideado para levar a cabo esta denuncia é a presentación masiva dun escrito exercendo o dereito de petición perante as administracións públicas con competencia en materia de servizos sociais (Xunta e Concello); escrito onde o asinante expón as súas circunstancias económicas e sociais e solicita unha Renda Básica que permita satisfacer con dignidade as súas necesidades básicas.

Nestes momentos nos que a brutal dinámica que impón o sistema capitalista dominante, preocupado por salvagardar intereses mercantilistas e financeiros, fai que, quizáis máis que nunca, a riqueza de todas se acumule en mans dunha minoría mentres a maioría carece do indispensable para vivir dignamente, é de xustiza esixir ás institucións públicas que se fagan responsables do benestar da cidadanía e que garantan, con políticas activas de integración e asistencia, e co reparto equitativo dos recursos, que todas as persoas vivan en condicións de igualdade e dignidade. Por todo isto esiximos unha Renda Básica que permita cubrir as necesidades básicas, cunha contía non inferior ao limiar da pobreza (863€/mes) e que ademais de percibirse de xeito individual sexa universal e incondicional.

O modelo de escrito podedes recollelo e entregalo cuberto na ODS-Coia (locais da parroquia Cristo da Victoria, r/ Baiona 9, baixo; luns de 17 a 19 horas), tamén o podedes descargar aquí: concello e xunta. A ODS-Coia será a encargada da entrega conxunta de todas as solicitudes, aproveitando tanto o momento da entrega como o da expiración do prazo que ten a administración para respostar (tres meses) para denunciar publicamente a situación de empobrecemento e de abandono por parte das institucións que está a sufrir gran parte da cidadanía.

Esíxelles o que xa debería ser un dereito, Renda Básica para todas!

Coia, abril 2013

Instrucións para encher o apartado ALEGACIÓNS DE FEITO

Antes de enchelo pensa como podes explicar a túa situación de xeito claro e sinxelo e de forma que te atopes cómodo/a ao contalo.

Propoñemos que sigas este esquema:

– Presenta a túa situación familiar: canto sodes na casa, idade…

– Ingresos da unidade familiar: de traballar apunta canto ganas, de estares no paro sinala as axudas sociais que cobras e a contía das mesmas (RISGA, RAI, PNC) e se non tes ingresos fala das axudas que solicitaches e a resposta que che deron: agardar, non te corresponden….

– Vivenda: onde e como vives, é dicir, vives de aluguer, en propiedade, con algún familiar. Anota tamén os gastos por subministros: luz, auga, gas, comunidade…

Achegamos un exemplo:

O meu nome é Socorro Pérez Lousada. A miña unidade familiar está formada pola miña parella de 35 anos e as nosas fillas de 3 e 8 anos que están ao noso cargo.

Que vivimos en réxime de alugar, polo que pagamos 350€/mes e, ademais temos que facer fronte aos gastos de alimentación, vestimenta etc. Ante a insuficiencia de ingresos debemos un mes e medios de aluguer ao propietario.

Dentro dos gastos da vivenda incluímos tamén a luz, o butano e a comunidade; que nos supoñen unha media de 100€/mes.

2 comentarios

  1. Cobro una pensión NO CONTRIBUTIVA de las más bajas. Tengo que pagar alquiler (subvencionado por la Xunta; el presente será el último año), luz y agua aparte. Luego la comida, mantenimiento de casa; y poco queda si llego a fin de mes. Ni siquiera me puedo permitir arreglar (algo tan básico) la dentadura. Personalmente me resulta algo humillante lo que los políticos creen que con las ayudas «nos dan» nos aporta calidad de vida; ERROR. Un saludo

Los comentarios están cerrados.