Alternativas ao sistema de consumo

Na nosa comunidade estamos a dar moitos e importantes pasos na procura de xeitos de consumir máis acordes cos nosos valores. Froito disto, temos o compromiso da nosa comunidade no proxecto de banca ética Fiares.

Pero a maiores da banca ética hai outros ámbitos nos que podemos achegarnos máis aos valores que buscamos para os que traballamos. Con este artigo queremos amosar que hai alternativas que xa funcionan, e moi ben, en campos como a electricidade, os seguros, a alimentación…

Recomendamos para afondar neste terreo que comecedes por este artigo que fai un repaso amplo por diferentes campos: economiasolidaria.org/noticias/guia_practica_para_despues_de_la_huelga_general_del_14n

Achegamos tamén o enlace a un artigo que presenta a cooperativa Som Energía que comercializa no estado enerxía verde: fiaregz.wordpress.com/2012/10/23/som-energia

E tamén un enlace que fala do proxecto Arç, dentro do cal poderemos ser clientes de seguros éticos: fiaregz.wordpress.com/2012/10/23/proxecto-arc