O sábado 2 de Xuño, as familias dos nenos e nenas de catequese de iniciación e de primeira comuñón e os catequistas de ambas as dúas etapas, tivemos a convivencia de fin de curso en Vilán. Programárase para o sábado 28 de Abril pero houbo que trasladala a causa do mal tempo.
Comezamos o día cunha acollida na casa de Vilán por parte dos catequistas e un percorrido por grupos polas distintas dependencias da casa e do terreo. Despois reunímonos todos no campo de fútbol e tras uns cantos de presentación e distensión realizamos unha quenda de xogos: pañueliño, paracaídas, pinzas e maquillaxe. Ao final da mañá chegounos a chuvia e tivemos que ocupar os espazos cubertos para os xantares.
Os programas da tarde -xogos para os nenos e paseo para os pais e nais- non se puideron levar a cabo porque a chuvia non nos deixou. Tivemos que adiantar a volta a Vigo. Pero foi un día bonito de convivencia e comunicación que esperamos volver repetir.






