Chus Lago e Óscar Pereiro abren, cunha charla-coloquio, a semana "Coia Móvese"

Dentro da programación de actividades de Coia Móvete mañá xoves 10 de maio a partires das 19:30 a xente máis nova poderá escoitar e conversar con Chus Lago e Óscar Pereiro.

Chus Lago a primeira muller española en corooar o Everest sen oxíxeno e Óscar Pereiro, ciclista gañador dun Tour de Francia falarán ao auditorio sobre a idea de que «Facer realidade os vosos soños é posible», incidindo en que para calquera persoa nova os valores como o traballo, a constancia, o esforzo e o compañeirismo son claves para lograr o que queiran. O acto será 19:30 no salón de actos da parroquia.

Durante o evento sortearemos entradas para acudir ao Celta-Alcorcón.