2a festa: África viva | Comunidade Base Coia

Arquivado en | Novas

2a festa: África viva

Publicado o 09/05/2012 por admin

Este sábado 12 de maio terá lugar na Praza do Pobo Galego (detrás da Porta do Sol) a 2ª festa de África organizada por REDES (Rede de Desenvolvemento Solidario) para concienciar a toda a sociedade da realidade positiva do continente africano.

Será unha festa de clausura do terceiro e último ano de campaña, que tivo como tema central a saúde.

Dará comezo ás 18 horas con distintos obradoiros levados a cabo por xente africana: té con buñuelos, peiteado, henna e percusión. Ao redor das 20 horas darán comezo as actuacións musicais a cargo de dous grupos galegos e un africano.

O obxectivo da festa é achegar África, continente cheo de riqueza e posibilidades a toda a sociedade, e todos xuntos, pasar unha tarde divertida.

Compárteo:

  • del.icio.us
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Twitter
  • Meneame
  • Chuza

Artigos relacionados:

Deixa o teu comentario

twitterrssfacebooktwitter

Buscar

Boletín


Vídeos

Horarios misas

De luns a sábado: 20h00.


Domingos e festivos: 9h30, 11h30 (galego) e 12h30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago