Comunidade Base Coia | Archive | Enero

Archive | Enero, 2010

Tags: ,

A comunidade celebra o Día da Paz

Publicado o 31/01/2010 por admin

O pasado sábado a comunidade celebrou o Día da Paz cun programa de actividades para cativos e maiores. Comezou a tarde con obradoiros e xogos para os máis pequenos, un cento de nenos e nenas coñeceron un pouco mellor o que a paz a través do xogo. Non faltou tamén un fermoso conto e dous videos feitos polos rapaces de postcomuñón no que ofrecían a súa visión da paz. Podedes ver algunhas imaxes das actividades cos nenos na Galería de Imaxes.

Logo da misa o Comité Óscar Romero achegounos á realidade do pobo de Haití que tanta dor está a sufrir tras o terremoto que deixou á vista os problemas que dende hai décadas leva a sufrir a súa poboación por mor da inxustiza.

A fin de semana tivo, na celebración preparada polos rapaces das distintas etapas da catequese, un peche redondo xa que tamén xirou ao redor da Paz.

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: ,

Asemblea de Crentes Galeg@s

Publicado o 31/01/2010 por admin

A Coordenadora de Crentes Galeg@s convida a participar na Asemblea de Crentes Galeg@s que terá lugar o sábado día 17 de Abril no Centro Don Bosco (Belvís 2) de Santiago de Compostela.

Este ano escollemos como tema, A nosa vivencia do seguimento de Xesús. Pretendemos compartir neste contexto histórico social no que vivimos, as reflexións sobre a vivencia do noso seguimento de Xesús nos grupos e comunidades que conformamos á Coordenadora.

Ler máis

Comentarios (0)

Luis Quinteiro: novo bispo da diócese Tui-Vigo

Publicado o 29/01/2010 por admin

Onte anunciaban dende o Vaticano que a diócese Tui-Vigo tiña novo bispo na persoa de Luis Quinteiro Fiuza, que ata a data era bispo de Ourense. Deste xeito recollía a prensa gaelga o novo nomeamento: Faro de Vigo e Voz de Galicia.

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: , ,

Luis Quinteiro: novo bispo da diócese Tui-Vigo

Publicado o 29/01/2010 por admin

Onte anunciaban dende o Vaticano que a diócese Tui-Vigo tiña novo bispo na persoa de Luis Quinteiro Fiuza, que ata a data era bispo de Ourense. Deste xeito recollía a prensa gaelga o novo nomeamento: Faro de Vigo e Voz de Galicia.

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: ,

Acción internacional de solidariedade con defensores de dereitos humanos de Colombia

Publicado o 29/01/2010 por admin

Diversas organizacións e colectivos del estado español, sensibles á realidade colombiana, propoñen e desenvolven en espazos da solidariedade internacional a denuncia da situación que atraviesan importantes organismos e persoas adicadas á defensa dos dereitos humanos en Colombia.

Baseados en informacións das propias organizacións e persoas concernidas, como de instituciones e redes internacionais, comprobamos que existe unha campaña directa de ameazas, agresión, intimidación, desprestixio mediático e persecución violenta a persoas defensoras dos dereitos humanos en Colombia, a quen sistematicamente sinálaselles como “aliados” da insurxencia.

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: ,

“Haití emerxencia”: campaña de solidariedade coas vítimas do terremoto e apoio á reconstrución

Publicado o 27/01/2010 por admin

Haití emerxencia“: campaña de solidariedade coas vítimas do terremoto e apoio á reconstruciónRecollida de donacións e colectas especiais nas misas.

Os cartos enviáranse directamente aos afectados a través da organización ACCIÓN VERAPAZ, dos dominicos/as con presenza no país do 1 ao 15 de febreiro na parroquia ou na conta 2080-0077-10-0000045175 de Caixanova.

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: ,

Comeza o Foro Social Mundial en Porto Alegre

Publicado o 26/01/2010 por admin

Comezou hoxe na cidade brasileira de Porto Alegre o Foro Social Mundial 2010. O foro comezou cunha reflexión os seus obxectivos tras dez anos dende o seu nacemento como podemor ler en Adital:

“Diez años después: Desafíos y propuestas para otro mundo posible”. Éste fue el tema del seminario que abrió hoy (25) las actividades del Forum Social Mundial 10 años, en Porto Alegre, Río Grande do Sul. El momento sirvió de reflexión sobre las verdaderas ganancias y pérdidas de la iniciativa que engloba a una diversidad de movimientos sociales de todo el mundo. Representantes de organizaciones y entidades que formaron la mesa reconocieron varias fallas del Forum, pero también fueron unánimes en afirmar que el proceso continúa siendo de construcción y que ya produjo muchos frutos.

O artigo completo neste enlace: www.adital.com.br/site/noticia.asp?lang=ES&cod=44467

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: ,

“Cita con anxos”, Silvio Rodríguez

Publicado o 26/01/2010 por admin

Hai uns anos o cantautor cubano Silvio Rodríguez escribiu “Cita con anxos” unha canción que nos chama a ser anxos construtores de utopía fronte a adversidade.

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: ,

Celebración do Día da Paz

Publicado o 25/01/2010 por admin

A comunidade con motivo do Día da Paz convoca unha serie de actos para o sábado 30 de xaneiro:

- Celebración do Día da Paz cos nenos de catequese: será a partires das 17h00 nos baixos do complexo parroquial, haberá obradoiros, proxeccións, actividades…

- Logo o Comité Oscar Romero de Vigo convídanos ás 20h00 no salón de actos do complexo parroquial a asistir a: “Haití: pasado e presente“.

Ler máis

Comentarios (0)

Tags: ,

Acción contra o concello de Torrejón polo dereito ao empadroamento dos inmigrantes

Publicado o 24/01/2010 por admin

Estes días desatouse unha polémica ante a proposta dalgúns concellos (Vic, Torrejón, etc.) de negar o empadroamento a aquelas persoas que atópanse en España en situación irregular ou “sen papeis”. As críticas a estas propostas son moitas xa que ao negar o padrón aos inmigrantes néganlle tamén o acceso a dereitos básicos: sanidade, educación, servizos sociais, etc.

Dende o Comité öscar Romero de Torrejón piden a nosa axuda para enviar o maior número de cartas aos políticos do seu concello para facelos conscientes do perigo destas medidas. Podedes ver todos os datos desta acción na páxina: www.comitesromero.org/torrejon/inmigrantes

Ler máis

Comentarios (0)

twitterrssfacebook

Buscar

A nosa comunidade

Horarios misas

De luns a sábado: 19h30.


Domingos e festivos: 9h30, 11h30 (galego) e 12h30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Boletín


Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago