Publicado o 31/12/2009 por admin
A Rede Social Galicia Sur invítate a participar na concentración que se convoca na véspera da chegada dos Reis Magos a Vigo (martes 5 de xaneiro en Príncipe diante do Marco) para a colocación dos teus zapatos co obxecto de perdirlles un único agasallo, o máis desexado: que no ano 2010, dunha vez por todas, podamos celebrar a apertura do CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL de titularidade pública na nosa cidade.
Tras a lectura da misiva aos Reis Magos, súmate tamén a acompañar ao Rei Mago que estará con nós ata os rexistros do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia nos que se fará entrega do tradicional carbón aos nosos representantes políticos por terse portado tan mal coas persoas que se atopan se fogar.
.png)
Ler máis
Publicado o 29/12/2009 por admin
Tras un parón volvemos a achegar dous textos de Marieta Manso. O primeiro “Alegre rebeldía” convídanos a parar un momento e reflexionar sobre a linguaxe para que dende ela poder cambiar as nosas vidas. No segundo que leva por título “Desde mi ventana” decatámonos das pequenas perdas que conleva os camiños da sociedade capitalista.

Ler máis
Publicado o 29/12/2009 por admin
Coma todos os anos por estas datas a Coordinadora de Crentes Galeg@s presenta o Documento da Paz que este ano dedican ao tema da Banca Ética.

Ler máis
Publicado o 28/12/2009 por admin
O Centro Cultural “Rueiro” da nosa parroquia cambia a dirección da súa páxina web que agora podedes atopar en www.centroculturalrueiro.es
Intenta con esta nova páxina informar a tod@s máis claramente das súas actividades á vez que desexa facer públicas todas aquelas informacións interesantes no eido da cultura e especialmente da cultura galega. Todas aquelas suxestións que vos parezan oportunas sobre a páxina as podedes facer no correo: rueiro.vigo@gmail.com

Ler máis
Publicado o 28/12/2009 por admin
Coincidindo co cume do clima celebrado en Noruega o escritor uruguaio Eduardo Galeano escribiu un artigo co título: “O nariz de Pinocho e o desastre ecolóxico”.

Ler máis
Publicado o 28/12/2009 por admin
Mentres prosigue a loita pola apertura do albergue para sen teito na cidade o concello de Vigo habilitou nestes días o pavillón de Berbés para acoller ás persoas que están a vivir na rúa da cidade, esta é a nota de prensa do concello:

Ler máis
Publicado o 27/12/2009 por admin
O martes 5 de xaneiro os Reis Magos estarán no barrio ademais de para falar cos máis pequenos, para axudarnos na loita polo centro cultural. Será a partires das 17h00 na igrexa do Cristo da Victoria, co seguinte programa de actividades:
17h00 – Acollida das súas Maxestades os Reis Magos (Praza do barrio)
17h30 – Chegada e adoración do neno Xesús (Igrexa)
18h00 – Entrega de caramelos aos máis pequenos (Igrexa)
18h30 – Gran chocolatada (Igrexa)

Ler máis
Publicado o 24/12/2009 por admin
Probablemente liades días atrás, nalgúns medios, as denuncias que un grupo de expertos da ONU fixeron sobre ONGs de orixe cristiá acusándoas de financiar a grupos armados na RD do Congo.
A Federación de Comités de Solidariedade con África Negra quere saír ao paso destas falsas denuncias e dar todo o seu apoio solidario a estas organizacións a través dun comunicado.

Ler máis
Publicado o 24/12/2009 por admin
- Xoves 24 de decembro (noiteboa): 20h00
- Venres 25 de decembro (nadal): 11h30 -galego- e 12h30
- Domingo 27 de decembro: 9h30, 11h30 -galego- e 12h30
- Venres 1 de xaneiro: 11h30 -galego- e 12h30
Ler máis
Publicado o 17/12/2009 por admin
O pasado 10 de decembro celebrouse un novo aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Cando se consolidou en España a Corrente Somos Iglesia, hai xa trece anos, redactouse un manifesto de dez puntos baseado no documento orixinal do movemento Somos Iglesia e ampliado nalgúns aspectos. O título deste manifesto é “Por unha Igrexa consecuente coa defensa dos Dereitos Humanos” (pode lerse en www.somosiglesia.net) e no primeiro parágrafo di o seguinte:
“Dende a Fe no Evanxeo traballamos cada día para que a nosa Igrexa se entregue plenamente á defensa da dignidade humana, pero nela aínda existen institucións, normas e comportamentos que contradín tal compromiso“.

Ler máis