Achegamos este artigo do teólogo brasileiro Frei Betto baixo o título "O arte de ser feliz", no que nos presenta unha interesante reflexión sobre a felicidade.

Publicado o 30/11/2009 por admin
Achegamos este artigo do teólogo brasileiro Frei Betto baixo o título "O arte de ser feliz", no que nos presenta unha interesante reflexión sobre a felicidade.

Publicado o 30/11/2009 por admin
Arcadi Oliveres é Doutor en Ciencias Económicas, experto en economía mundial, recoñecido activista pola justícia social e a paz, e presidente de Xustiza e Paz. Nesta magnifica entrevista realizada por ATTAC TV, explícanos de maneira sinxela e clara quen manexa os "fíos" da política e a economía mundial.
Publicado o 30/11/2009 por admin
O grupo Imán convídanos este martes 1 de decembro a celebrar o DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA. Un ano máis, o grupo IMÁN participará neste día tan sinalado repartindo material informativo e de prevención na lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n) dende as 8:00 ata as 14:00 horas. Ademáis, pola mañá faremos tamén entre todas as persoas que esteamos alí o lazo vermello de flores e velas.
Pola tarde, ás 18:30 horas e tamén na lonxa do Concello, terá lugar o acto central da campaña coa lectura dun manifesto en torno ao lazo vermello contra a SIDA. Nese momento un compañeiro cantará unha canción de rap (Rap del Imán) sobre o uso do preservativo e gardaremos tres minutos de silencio en lembranza de todas as persoas que morren anualmente no mundo a causa da SIDA.

Publicado o 26/11/2009 por admin
Achegamos este artigo de Joaquim Sempere co título "Os verdadeiros piratas" no que danos unha visión máis ampla sonbre a piratería na zona somalí.

Publicado o 26/11/2009 por admin
Presentamos a ponencia de Manoel Santos (Altermundo/Ra!) nas XI Jornadas da Mocidade Independentista (Santiago de Compostela, Facultade de Xeografía e Historia, 30/04/2009). Nos últimos anos, mais especialmente despois de agosto de 2007, cando a chamada crise económica e financeira estoupaba nos Estados Unidos, vimos oíndo falar de boca de reputados economistas, filósofos e activistas achegados aos movementos sociais do decrecemento (referido á produción e ao consumo das sociedades capitalistas) coma única alternativa posíbel á crise do sistema neoliberal. Non é unha idea vanal, nin desbotábel en absoluto.

Publicado o 20/11/2009 por admin
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, o 20 de novembro, Cáritas Salamanca quere manifestar a importancia da participación infantil. Para iso realizou unha presentación animada centrada na participación dos nenos e nenas.
Publicado o 19/11/2009 por admin
Hoxe podemos ler na prensa local (Faro de Vigo e Voz de Galicia) e na web do Concello de Vigo que na reunión que mantivo a Rede Social Galicia Sur co alcalde propúxose como ubicación para a construcción do albergue no edificio de Marqués de Valterra, xa que no ano 2012 remata a concesión. Tamén se sinala que a Rede propón a urxente apertura do centro de inclusión e o alcalde anuncia a apertura dun albergue provisional.

Publicado o 18/11/2009 por admin
Achegamos dous textos de Marieta Manso que podemos ler na web de Consume ata Morrer que nos poden axudar a reflexionar sobre o noso ritmo de vida.

Publicado o 18/11/2009 por admin
Achegamos estas letras escritas por Jon Sobrino baixo o título "Os mártires da UCA: esixencia e gracia" co gallo do XX aniversario do asasinato dos seus compañeiros xesuitas no Salvador.
Publicado o 16/11/2009 por admin
En 2010, coincidindo coa presidencia de España na Unión Europea, comezarán as conversacións para a renovación do acordo de pesca entre a UE e Marrocos.
Como sabedes, o actual acordo, que expira en 2011, non exclúe explicitamente as augas do Sahara Occidental ocupado. Grazas a iso, numerosos barcos ingleses, portugueses, lituanos e españois, entre outros, están a faenar en augas saharauís.
Baixo estas circunstancias, Marrocos está a beneficiarse do diñeiro dos europeos e a UE está a dar claros sinais de apoio á ocupación ilegal do territorio.
Chegou a hora de actuar!
