Comunidade Base Coia | Archive | Febrero

Archive | Febrero, 2009

Manifesto “Salvemos a hospitalidade”

Publicado o 27/02/2009 por admin

A anunciada reforma da Lei de Estranxeiría contén algún precepto que penaliza valores éticos tan fundamentais en todas as culturas como a hospitalidade. Proponse a súa modificación de maneira que non se sancionen comportamentos altruístas e solidarios para coas persoas estranxeiras en situación irregular. Dentro da nosa comunidade O GRUPO DE APOIO ÁS PERSOAS EMIGRANTES (Gape) proponnos adherirnos ao seguinte manifesto.

Ler máis

Comentarios (0)

O Centro Cultural na Bouza é cousa de dous…

Publicado o 25/02/2009 por admin

Os veciños de Coia estamos convencidos que nestes momentos a construción do Centro Cultural na Bouza depende da vontade política do PSOE do Sr. CABALLERO e do PP da Sra. CORINA PORRO, xa que o BNG de Santi Domínguez e o seu compromiso adquirido en público, en privado e no seu propio programa cos veciños esfumouse.

Seguiremos con accións de protesta ata que vexamos por escrito os compromisos adquiridos por parte do Sr. Alcalde en reunión con representantes do Movemento Cidadán.

Seguimos, pois, reivindicando o noso dereito de ter un centro cultural neste Barrio e para iso CONCENTRARÉMONOS NA PRAZA DO CRISTO DA VICTORIA O XOVES, DÍA 26, DE SETE A OITO DA TARDE.

Convidamos aos veciños para que co seu VOTO e PRESENZA obriguemos aos Partidos Políticos a cumprir o que prometen.

Ler máis

Comentarios (0)

Domingo I de Coresma

Publicado o 24/02/2009 por admin

"O tempo está cumprido,chega o Reino de Deus"

Ler máis

Comentarios (1)

“Novos valores para unha nova civilización”, Frei Betto

Publicado o 24/02/2009 por admin

O xornal dixital Rebelión publica hoxe un artigo do teólogo brasileiro Frei Betto co título "Novos valores para unha nova civilización".

{mosimage}

Ler máis

Comentarios (0)

Festa do Entroido 2009

Publicado o 23/02/2009 por admin

Como todos os anos por estas datas, volvémonos a atopar nos locais da parroquia para disfrutar todos, nenos e maiores, da festa do Entroido 2009. Nesta ocasión, cun "rap" volveuse a reclamar a construción do Centro Cultural.

Para finalizar, os refrescos e a variedade de doces axudaron a recobrar as enerxías que iamos gastando ao son da música e do karaoke. Podedes ver algunhas imaxes da festa na Galería de Imaxes.

A seguinte cita será o martes 24 ás 17.00 horas no salón de actos cunha festa para os máis pequenos.

Ler máis

Comentarios (0)

“Raíces e superación da crise”, artigo de Frei Betto

Publicado o 21/02/2009 por admin

Presentamos este artigo de Frei Betto titulado "Raíces e superación da crise".

{mosimage}

Ler máis

Comentarios (1)

Colombia: ameazadas de morte avogadas polos dereitos humanos

Publicado o 19/02/2009 por admin

En el último trimestre de 2007, la abogada colombiana IRENE LÓPEZ y su hijo de 10 años, Daniel, residieron en distintos conventos de dominicos en España para evitar una inminente amenaza de muerte efectuada por grupos paramilitares sobre esta activista de los Derechos Humanos.

Ler máis

Comentarios (0)

Unha cadea de xente reclama a apertura do albergue

Publicado o 18/02/2009 por admin

A "Gota de Leite" foi abrazada por unha morea de xente que so tiña unha idea: que o edificio este aberto canto antes e que Vigo atenda como merecen ás persoas que viven nas rúas. O acto foi multitudinaria é moi festivo, e no que se chegou ao éxtasis cando a cadea se pechou ao redor do edificio.

No acto tamén houbo tempo para lembrar ás cinco persoas mortas no que vai de ano por causa da pobreza. Os ánimos tras o acto son moitos e indican que o clamor pola apertura do albergue non calará ata que se proceda a súa apertura.

A prensa recolle o acto en novas na Voz de Galicia, Atlántico e no Faro de Vigo.

Ler máis

Comentarios (0)

A web da comunidade cumpre dous anos de vida

Publicado o 18/02/2009 por admin

Hai un mes que a web da comunidade cumpriu dous anos, polo que aproveitamos o aniversario para achegaros algúns datos referidos ao ano 2008:

- 10.944 usuarios visitaron a web, cunha media de 29,90 visitas/día

- 37.718 páxinas vistas

- O tope de visitas nun día foi o 31 de marzo de 2008, na que 107 usuarios visitaron a web.

Nestes anos a web cumpriu as expectativas postas nela: ser un instrumento de información e reflexión para a comunidade e resto de persoas que se achegaran a ela e  dar a coñecer a nosa comunidade na rede.

Seguimos coa vontade de seguir mellorando esta web, polo que se tedes algunha suxestión a podedes enviar a: info@comunidadebasecoia.org

Ler máis

Comentarios (0)

“Descansa en paz, Eluana” de José Arregi

Publicado o 17/02/2009 por admin

A morte da moza italiana, Eluana Englaro, volveu a poñer o debate sobre a eutanasia na opinión pública. Recollemos aquí este artigo de José Arregi que ofrécenos a súa visión da morte de Eluana.

Ler máis

Comentarios (0)

twitterrssfacebook

Buscar

A nosa comunidade

Horarios misas

De luns a sábado: 19h30.


Domingos e festivos: 9h30, 11h30 (galego) e 12h30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Boletín


PARROTROCA

A nosa dirección de correo é: trocoalternativo@gmail.com. Para máis información, diríxete a este enlace

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago