Comunidade Base Coia | Archive | Octubre

Archive | Octubre, 2008

Crise humanitaria no Congo

Publicado o 30/10/2008 por admin

Ante a situación de guerra que está a vivir o Congo e as informacións que chegan directamente da rexión, a Federación de Comités de Solidariedade con África Negra fixo unha denuncia do que está a ocurrir, para que se saiba o que os medios de comunicación non din.

Entre un millón e medio e dous millóns de desprazados e deceas de miles de mortos urxen dar a coñecer os intereses ocultos que están detrás desta traxedia.

Ler máis

Comentarios (0)

Novo capitalismo?, José Saramago

Publicado o 29/10/2008 por admin

No blog do escritor portugués Jose Saramago podemos atopar o seguinte texto, do cal el mesmo nos explica a súa orixe:

"Hace unos días varias personas de distintos países y posiciones políticas suscribimos el texto que copio a continuación. Es una llamada de atención, una protesta, la expresión de la alarma que sentimos ante la crisis y las posibles salidas que se barajan. No podemos ser cómplices."

Ler máis

Comentarios (0)

Declaración sobre a “cumbre global” para reformar o sistema financieiro

Publicado o 29/10/2008 por admin

Centenares de organizacións do Sur e do Norte -entre elas moitas relixiosas- adherironse a unha declaración esixindo que todos os países teñan voz no proceso de cambio da arquitectura financiera internacional que tantos problemas está a producir.

Deixamos a declaración elaborada por estas organizacións que podedes atopar na web www.choike.org

Ler máis

Comentarios (0)

Cáritas presenta o VI Informe sobre exclusión e desenvolvemento social en España 2008

Publicado o 29/10/2008 por admin

Nesta semana Cáritas España presentou "VI Informe sobre exclusión e desenvolvemento social en España 2008", da Fundación Foessa, na que entre outros datos maniféstase que a desigualdade non diminuiu nestes anos de crecemento económico, que un de cada cinco fogares españois viven por debaixo do limiar da pobreza, que medio millón de fogares viven na pobreza extrema e moitos máis datos nun estudo moi clarificador da situación económica que vivimos en España.

Podedes descargar o informe neste enlace e ler as novas publicadas en Público (2) e en El País.

Ler máis

Comentarios (0)

Día de defuntos co grupo Imán en Castrelos

Publicado o 29/10/2008 por admin

O grupo Imán organiza un acto en lembranza das compañeiras e compañeiros finados a causa da Sida e as Adiccións coincidindo co día de defuntos será o sábado, 1 de novembro ás 18.00 h, nos xardíns interiores do Museo Quiñones de León no Parque de Castrelos, xunto á pedra funeraria onde en latín antigo está esculpida a seguinte reflexión:

Fai agora o que quixeras
ter feito cando morras

Se o desexas podes traer flores, velas e intervir cos teus pensamentos, oracións ou lembrar á túa xente máis achegada. Como facemos tradicionalmente daremos lectura a un documento reflexivo e ofreceremos música ás persoas que seguimos a manter vivas no noso recordo.

{mosimage}

Ler máis

Comentarios (0)

“Pido disculpas” de Frei Betto

Publicado o 29/10/2008 por admin

Frei Betto imaxina unha petición de perdón do sistema económico neoliberal, no que parecen ser os seus últimos momentos de existencia.

{mosimage}

Ler máis

Comentarios (0)

A Teoloxía da Liberación: Leonardo Boff e Frei Betto

Publicado o 27/10/2008 por admin

Presentamos o artigo "A teoloxía da liberación: Leonardo Boff e Frei Betto" publicado no xornal Rebelión que fala da importancia da teoloxía da liberación nos movementos mundiais que loitan por unha mellora do sistema e onde destacan os teólogos brasileiros Frei Betto e Leonardo Boff.

Ler máis

Comentarios (0)

A Marcha Mundial das Mulleres nos medios de comunicación

Publicado o 24/10/2008 por admin

Presentamos o vídeo elaborado por Gzvideos sobre a Marcha Mundial das Mulleres celebrada en Vigo e as novas publicadas polos principais xornais galegos: Voz de Galicia, Vieiros, Atlántico e Faro de Vigo

Ler máis

Comentarios (0)

Acto de Imán en recorod do Dr. Xosé Teijeiro

Publicado o 23/10/2008 por admin

O grupo Imán convidanos mañá, venres 24 de outubro de 20.00 a 21.30h na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova ( rúa Policarpo Sanz nº 13), a un acto e recordo do Dr. Xosé Teijeiro no que daran lectura á súa derradeira obra de teatro titulada : “Doutor, por favor, máteme  docemente”, reflexións sobre a Eutanasia e Distanasia.

{mosimage}

Ler máis

Comentarios (0)

A prensa faise eco da tardanza na construción do centro cultural

Publicado o 23/10/2008 por admin

A Voz de Galicia, na edición de Vigo publica unha nova na que explica que o centro cultural de A Bouza malia as protestas dos veciños segue sen solución, amosamos un anaco da reportaxe:

«El centro cultural de A Bouza es objetivo preferente de mi gobierno». La frase ha sido pronunciada por la mayoría de los gobernantes de la ciudad en los últimos treinta años. Casi el mismo tiempo que llevan los vecinos de esta zona de Coia reivindicando unas dependencias culturales y escuchando cómo se les llenaba la boca a los políticos de turno con el proyecto.

{mosimage}

Ler máis

Comentarios (0)

twitterrssfacebook

Buscar

A nosa comunidade

Horarios misas

De luns a sábado: 19h30.


Domingos e festivos: 9h30, 11h30 (galego) e 12h30

Despacho parroquial

A atención faise: luns, martes, xoves e venres de 20h00 a 21h30

Boletín


Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago