Imán denuncia as condicións de vida das persoas encarceadas cun acto no MARCO

A concentración será o xoves 4 de setembro ás 19:00 horas na rúa do Príncipe, fronte ao MARCO, para denunciar unha vez máis as condicións de vida dos reclusos na cadea de A Lama.

Nas últimas semanas funcionarios de prisións denunciaban a masificación dunha cadea feita para 1000 persoas e que na actualidade alberga a preto de 1800 reclusos. Ao hacinamento sumamos os problemas de falla de recursos, de insuficiencia da oferta formativa, etc.

{mosimage}

Fárase unha dramatización para sensibilizar ás institucións públicas, organizacións e cidadanía en xeral sobre a preocupante masificación de a prisión de A Lama, que supera con moito á poboación de internos en relación cos espacios e persoal do mesmo.

Sindicatos e funcionarios da prisión veñen denunciando periodicamente esta grave situación, ao mesmo que familiares e persoas internas pero que non alcanzan como colectivo a denuncia mediática. O noso grupo, ante a problemática descrita, imos acelerar as xestións e presións que sexan necesarias para que se cumpran os dereitos de xustiza, acadar uns nivesis aceptables na calidade de vida, en termos de saúde e convivencia, en cumprimento das recomendacións da Organización Mundial da Saúde, normas e lexislacións que deben protexer a tódolos cidadáns por igual.