A concentración será o xoves 4 de setembro ás 19:00 horas na rúa do Príncipe, fronte ao MARCO, para denunciar unha vez máis as condicións de vida dos reclusos na cadea de A Lama.
Nas últimas semanas funcionarios de prisións denunciaban a masificación dunha cadea feita para 1000 persoas e que na actualidade alberga a preto de 1800 reclusos. Ao hacinamento sumamos os problemas de falla de recursos, de insuficiencia da oferta formativa, etc.
A concentración será o xoves 4 de setembro ás 19:00 horas na rúa do Príncipe, fronte ao MARCO, para denunciar unha vez máis as condicións de vida dos reclusos na cadea de A Lama.
Nas últimas semanas funcionarios de prisións denunciaban a masificación dunha cadea feita para 1000 persoas e que na actualidade alberga a preto de 1800 reclusos. Ao hacinamento sumamos os problemas de falla de recursos, de insuficiencia da oferta formativa, etc.
O sábado 30 de agosto un pequeño grupo de persoas, convocadas polo grupo Imán, concentrábanse na Praza da Constitución para presentar unha novedosa palabra que ven a designar unha vella realidade. Aporofobia é a palabra coa que Imán quere encher as rúas da cidade.
Hoxe comezaron pegando unha pancarta nun muro do Casco Vello e así ata conseguir que ese termo, creado pola catedrática Adela Cortina, cale nas nosas mentes. Podedes achegarvos ao termo a través do texto lido na concentración e a través da crónica Voz de Galicia.
O Grupo “O Imán” de autoapoio VIH/SIDA e adiccións da U.A.D. do Concello de Vigo desexa comunicar que o vindeiro sábado 30 de agosto ás 12:00 horas terá lugar na Praza da Constitución o acto de presentación da campaña de sensibilización pública acerca da “aporofobia”, termo que designa o “odio, repugnancia ou hostilidade ante as personas pobres, sen recursos, desamparadas”.
Achegamos un vídeo titulado "O traballo infantil" da OIT (Organización Internacional do Traballo) a través do cal podedes achegarvos á realidade de moitos nenos e nenas obrigados a traballar. O podedes ver pinchando neste enlace.
Deixamos unha presentación da UNFPA na que se expoñe a situación e os problemas das 25 milleiros de mulleres que no mundo se ven desprazadas por mor das guerras. Está moi ben feito e dura ao redor de tres minutos, podedes miralo neste enlace.
Atopamos a web: www.miniature-earth.com na que podedes ver esta animación na que explica como sería a Terra se reduciramos a poboación da mesma á de unha aldea de 100 habitantes.
Lembramos que o estado español está a participar neste guerra con preto de 800 soldados, do mesmo xeito que tamén hai tropas españolas en: Bosnia-Herzegovina, Kosovo, Líbano e Chad.
Deixamos neste enlace a unha entrevista na que Leonardo Boff repasa moitos dos temas que marcan o seu pensar e vivir como: a teoloxía da liberación, a ecoloxía, o consumo excesivo, etc.
¡Piratas! Este ano o colectivo Xogo Descuberto volve á carga.
O sábado 13 de setembro ás 18:00 horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha Illa de Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio tanto natural coma cultural. De novo, a nosa protesta consistirá nunha marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa embarcación!), que rematará nunha concentración pacífica diante da barreira.